Galicia

Últimas entradas na Rede para Cans

cans2015_ventaentradasAs persoas que queiran ver as curtametraxes a concurso do XII Festival de Cans teñen ata este domingo, día 10, a súa última oportunidade para mercar as entradas a través da Rede. Este ano, a compra pode realizarse a través da nova tenda virtual do festival: tenda.festivaldecans.com. Ademais, nesta ocasión, os usuarios terán a posibilidade de mercar dous produtos diferentes: o pack de entrada, camiseta e catálogo do festival por un prezo de 21,5€ máis gastos de xestión, ou ben unha entrada simple co catálogo do festival a un prezo de 12€ máis gastos de xestión. En todos os casos se poderán adquirir para os pases da sesión matinal ou da de tarde.

A organización lembra que a recollida das entradas e packs poderá facerse o venres 23 no Torreiro de Cans entre as 11 da mañá e as 3 da tarde para os productos da sesión de tarde ou no Baixo de Bugarín entre as 9 e cuarto a 10 menos 10 da mañá para os produtos da sesión de mañá.

Como todos os anos, a organización fixa un día para a venda física en Cans do resto das entradas para todas as sesións das curtametraxes a concurso. Este ano será o venres da semana que vén, día 15 de maio, a partir das 7 da tarde no Torreiro de Cans.

O 90% do programa do Festival de Cans continúa a ser de balde, polo que este ano tan só haberá outras dúas actividades que requerirán de entrada: o espectáculo infantil Muller Cine e a estrea mundial do documental sobre o espectáculo de Luar na Lubre dirixido por Jorge Coira, Torre de Breoghán, que virá seguido dunha das novidades desta edición: os Concertos na Placa de Bugarín, neste caso, da conta de varios membros de Luar na Lubre.

As entradas en ambos casos estarán á venta no Torreiro de Cans o día 15 de maio, e tamén se poderán adquirir unha hora antes do inicio de cada unha das actividadas no seu lugar de celebración no caso de que aínda estean dispoñibles, o Baixo de Carlos no caso de Muller Cine e o Baixo de Bugarín para a proxección de Torre de Breoghán con Concerto na Placa.

Un ano máis o festival aposta por manter Cans libre de tráfico. Estará cortado o acceso aos coches e para facilitar a mobilidade fomentarase o aparcamento no Porriño e reforzarase o servizo de autobuses lanzadeira dende as paradas habituais: Avenida Antonio Palacios, Hotel Internacional e Restaurante Guanabara. A liña de autobuses funcionará dende primeira hora da tarde do venres e dende primeira hora da mañá do sábado e ata que rematen as actividades. O prezo será de 1€ ida e volta, podendo escoller libremente os horarios.

Así mesmo, o festival quere fomentar a accesibilidade a todos os niveis para persoas con  diversidade funcional. Por iso haberá apoio de autobuses con prazas habilitadas para persoas en cadeiras de rodas e, ao lomgo de toda a semana, proxeccións subtituladas para persoas con discapacidade auditiva.

Con respecto á mobilidade, o festival quere trasladar unha última mensaxe: tamén se pode vir a Cans andando dende o Porriño, apenas son 10 minutos dende o Hotel Internacional ata a rotonda do Can de Pedra e facéndoo en grupo mesmo pode ser ben divertido. Xa sabedes, o que move as pernas, move o corazón, un órgano básico para gozar da cultura. Animádemos a vir a Cans cargados de enerxía!

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.