Galicia

O ex secretario xeral do PSdG, atende á advertencia de Besteiro e renuncia ao seu escano no Parlamento de Galicia

Pachi Vázquez, ex secretario xeral dos Socialistas de Galicia/Tresyuno Comunicación
Pachi Vázquez, ex secretario xeral dos Socialistas de Galicia/Tresyuno Comunicación

O ex secretario xeral do PSdeG, ex conselleiro de Medio Ambiente co bipartito e ex alcalde do Carballiño anunciou este luns que renuncia ao seu escano no Parlamento de Galicia. Hai que lembrar que a semana pasada o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou «concluído» o sumario sobre a investigación a Pachi Vázquez por un suposto delito de prevaricación continuada en relación ao suposto ‘enchufe’ de 37 traballadores no Concello de O Carballiño, cando era alcalde. Agora o alto tribunal galego, que leva a causa ao estar implicado un deputado, debía pronunciarse acerca de se se lle abría xuízo oral.

En rolda de prensa, Vázquez subliñou que xa non é aforado e sinalou que se trata dunha decisión «persoal» baseada en que «en política a coherencia é o principal motor».

O actual secretario xeral do PSdeG, José Ramon Gómez Besteiro, advertira a semana pasada que o «criterio único» do seu partido «non cambia en función de quen sexa», e que si o seu antecesor tiña que sentarse no banco dos acusados, debería, seguindo a normas do partido, non so renunciar ao escano senon deixar o PSdG.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.