Galicia

18 bolseiros da Deputación de Pontevedra empezan a traballar o luns en confradías de pescadores da provincia

TraballandoA Deputación aprobou este xoves ratificar o convenio de colaboración coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da provincia, tal e como se acordou o pasado 13 de abril.

O acordo fora subscrito entre o presidente do ente provincial, a conselleira de Medio Rural e do Mar, os representantes das 22 confrarías da provincia e a propia Federación Provincial de Confrarías.

Segundo informou en rolda de prensa a Rafael Louzán, a institución provincial destinará máis de 700.000 € para apoiar a un «sector estratéxico na comunidade tanto pola súa achega económica coma polo número de traballadores que emprega».

No convenio inclúese a cesión de 18 bolseiros que durante un ano desenvolverán diferentes tarefas profesionais nos pósitos de A Garda, Aldán, Cangas, Moaña, Bueu, Arcade, Redondela, Vigo, Baiona, Cambados, Carril, Illa de Arousa, Portonovo, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, O Grove, Lourizán e Marín.

Os bolseiros «comezarán o luns, 4 de maio a súa primeira experiencia laboral en varias confrarías da provincia»: trátase de 18 titulados universitarios e de formación profesional que solicitaron participar no Plan de Práctica Laboral pero non conseguiron unha bolsa na convocatoria aprobada o pasado mes de marzo, pero que agora se suman a aqueles 200 mozos do citado Plan que poden ampliar a súa formación e dispoñer da primeira oportunidade profesional.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.