Vigo al minuto

En Vigo, o día das Eleccións Municipais, poderás elixir entre 17 alternativas

VotandoVigo é a cidade de Galicia na que concorren máis candidaturas ás Eleccións Municipais, 17 en total– 4 máis que en 2011-, podes coñecer os nomes de todos os candidatos premendo aquí.

Ademáis dos xa tradicionais PP, PSOE e BNG, os vigueses poderemos elixir, ademáis a  Gañemos Vigo e Marea de Vigo,  Movemento de Renovación Democrática Cidadá, Movemento Rede, Ciudadanos, UPyD, Partido Coalición Galega, Agrupación Electoral Recortes Cero, Iniciativa Viguesa, Comunistas da Galiza, Acción Democrática de Centro de Galicia, Partido Animalista, Partido Humanista ou EQUO-Piratas.

Unhas veñen e otras vanse, os veciños que nas pasadas eleccións deron a súa confianza a Converxencia XXI, a Falanxe e Por un mundo máis Xusto, nesta ocasión non poderán repetir voto, porque as tres desaparecen das papeletas.

De todos estos partidos, só un candidato repite como cabeza de cartel,o actual alcalde, e outro se presenta de novo, pero por unha formación nova: Rubén Pérez, que agora o fai por Marea de Vigo e en 2011 foi o candidato á Alcaldía por Esquerda Unida (EU).

 

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.