_agenda Agenda

Loita contra o decretazo a golpe de música

A plataforma Queremos Galego segue a organizar numerosos actos para amosar a súa disconformidade co decreto do plurilingüismo proposto pola Xunta. E agora queren dicilo cantando: o recinto ferial de Pontevedra acollerá o 17 de abril (19:30 horas) un festival de música no que participarán 15 artistas galegos que utilizan este idioma «para ir polo mundo».

No cartaz figuran músicos da relevancia de Berrogüetto, Luar na lubre, Ruxe-Ruxe, Fía na Roca, Uxía Senlle, Zurrumalla, Fuxan os Ventos, Os 3 Trebóns, A Quenlla, García MC, Lamatumbá, Os Carunchos, Espido e a Asociación de Gaiteiros Galegos. As entradas están á venta na web, en distintos puntos de Galicia ou na propia taquilla por entre 10 e 12 euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.