Vigo al minuto

Asemblea Aberta de Coia anuncia unha demanda contra Carmela Silva por uns comentarios na súa conta de Twitter

Comentario de Carmela Silva en Twitter/Foto remitida pola Asemblea aberta de Coia
Comentario de Carmela Silva en Twitter/Foto remitida pola Asemblea aberta de Coia

Segundo informa nunha nota de prensa, a Asemblea Aberta de Coia, nunha xuntanza celebrada este mércores, decidiu denunciar á primeira tenente de alcalde pola  “comisión dun delito de inxurias e calumnias” contra as integrantes desta asociación na súa conta de Twitter o pasado 29 de marzo, dunha afirmación na que se acusaba aos «antialfageme de ser nazis e de impoñer a nosa opinión exercendo a violencia».

A Asamblea Aberta califica de “intolerable” que unha “representante da cidadanía, cun cargo como o de Tenente de Alcalde, fale neses termos de persoas que non fan máis que denunciar a ineficacia e insuficiencia da política social do Concello”.

Os reponsables desta asociación afirman que “a chamada loita da rotonda foi dende un principio e até o de agora un movemento reivindicativo pacífico e comunitario, no que diversas xentes do barrio de Coia e da cidade, intentamos visualizar a situación de precariedade e empobrecemento no que vive unha importante parte da cidadanía”.

Fronte a isto, indica a Asamblea Aberta de Coia, “o Goberno Municipal respondeu con descualificacións, ameazas e represión policial, co fin de acalar unha protesta xusta e necesaria” e remata asegurando que “logo de sufrir as sancións, as imputacións e a violencia institucional por parte do Alcalde e os seus concelleiros, non imos tolerar as graves descualificacións feitas publicamente pola señora Silva. Por iso presentaremos na vindeira semana unha denuncia penal colectiva asinada por ducias de persoas que estamos a loitar nos últimos meses en contra da dilapidación de cartos públicos en obras faraónicas, mentres miles de veciñas sofren o empobrecemento que unhas políticas sociais municipais deficientes non son quen de solucionar”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.