Comarcas Vigo al minuto

A primeira fase das obras da PLISAN podería estar rematada e funcionando a principios de 2017

Estado da PLISAN na actualidade
Estado da PLISAN na actualidade

A Zona Franca de Vigo (ZFV), o Porto de Vigo (APV) e a Xunta asinaron este mércores o documento sobre as súas respectivas obrigas, previamente a licitar a execución das obras da primeira fase dos sistemas xerais da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (Plisán), que prevén que poidan finalizar a principios de 2017.

Esta primeira fase do proxecto inclúe a execución do vial principal de acceso, ademais dos servizos necesarios -iluminación pública e subministración eléctrica, saneamento, telecomunicacións, drenaxe de augas pluviais e rede de abastecemento-. Paralelamente tamén se desenvolverán os sistemas da estación de tratamento de auga potable (ETAP) e da depuradora de augas residuais (EDAR).

A plataforma conectarase coa autovía A-52 nunha actuación que está a promover o Ministerio de Fomento, que «está a avanzar» e  que, «en breve, dará resultados», adiantou a conselleira de Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, que tamén lembrou que está previsto un acceso ferroviario, que nestes momentos está sendo estudado pola APV.

O importe total do convenio é de 20,25 millóns de euros, que serán financiados nun 61 % polo Porto, nun 21 % pola Zona Franca e nun 18 % polo Goberno galego, que tamén se encargará de licitar o proxecto, o que podería ser o mes que ven, segundo adiantou a conselleira.

A previsión e iniciar as obras, sobre unha superficie de 70 hectáreas, este mesmo ano, que estén finalizadas finalice a principios de 2017, tras o que as parcelas se porán a disposición das empresas interesadas.

Sobre a posibilidade de que a Zona Franca compre algunha parcela na PLISAN, a delegada do Estado no Consorcio, Teresa Pedrosa, comentou que tendo en conta que os recintos de que dispón en Balaídos e Bouzas están «esgotados practicamente», a súa intención é solicitar algún espazo.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.