Vigo al minuto

Piden á Xunta a contratación de todo o persoal contra incendios do verán ante o «alto risco» de lume no monte

IncendioA Confederación Intersindical Galega (CIG) pediu ao Goberno galego que incorpore xa ao persoal fixo discontinuo que traballa na loita contra o lume, ante o “alto risco de incendio” establecido este venres, día 3.

“Esiximos a contratación inmediata do persoal que se incorpora ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais no verán», sinala a central sindical nun comunicado. A CIG xustifica a petición diante da “situación extremadamente perigosa” na que se atopan o monte de Galicia debido ás altas temperaturas anunciadas para os vindeiros días.

Ademáis, o sindicato pide a cobertura de todas as prazas valeiras no servizo contra o lume, engadindo a elas aquelas nas que hai baixas que, subliña, “son centos”.

“A Consellería do Medio Rural, que ten a competencia en materia de prevención e extinción de incendios, ten a obriga de conquerir que os montes non sufran a lacra do lume, para o cal necesítase que o operativo teña o cen por cen dos seus recursos”, indica a CIG.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.