Cultura Vigo al minuto

19 funcións, de marzo a maio, dentro do ‘Vigocultura’

TeatroA Concellería de Cultura, Festas e Museos presenta a programación municipal de artes escénicas, VIGOCULTURA, que se desenvolverá no Auditorio Municipal- no Concello- dende este mes e ata maio. O programa inclúe unha oferta diversa, con espectáculos para público adulto os venres ás 9 da noite e para público familiar os domingos ás 6 da tarde.

A programación conta, para este primeiro semestre do ano, cun total de 19 funcións que abarcan diversos xéneros como o teatro contemporáneo, a comedia, maxia, música folk, ópera, monicreques e a danza, coa participación dun total de 14 compañías e grupos galegos (12 delas a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios) e 5 compañías de fóra de Galicia (3 pola Rede Galega de Teatros e Auditorios e 2 a través do programa Platea).

Como é costume, estará a disposición de todo o público do Auditorio Municipal un buzón no vestíbulo para que, na saída de cada espectáculo, os espectadores poidan valorar a función que acaban de ver, e formular as suxestións respecto á programación ou calquera outra opinión que desexen facer constar.

As entradas e abonos para os espectáculos de pagamento poderán adquirirse dende este mércores día 11, a través de Ataquilla, no 902.504.500, ou ben na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno, 26). Haberá para elixir «abonos á carta» para 5 espectáculos (15% de desconto sobre o prezo total) ou 10 (25% de desconto) e que só se poderán adquirir a través do teléfono 902.504.500 ou no despacho de billetes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.