'Qué te cuentas?' Video

Besteiro, «a Xunta terá que explicar porqué trata a Vigo deste xeito»

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro, este mércores en Salceda de Caselas/Tresyuno Comunicación
O secretario xeral dos socialistas de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro, este mércores en Salceda de Caselas/Tresyuno Comunicación

O secretario xeral dos socialistas galegos puxo como exemplo do xeito de traballar do PSdG, o Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón, en Salceda, nunha visita ao mesmo, acompañado pola candidata do PSOE á Alcaldía, Verónica Tourón, este mércores.

Xosé Ramón Gómez Besteiro subliñou que “alí onde gobernamos, o emprego é a nosa verdadeira obsesión e a nosa marca como partido”, e engadiu que as políticas públicas proporcionan «mellores resultados» que cando «non se usan todos os resortes» que teñen as administracións

O líder dos socialistas de Galicia, en resposta a preguntas de vigoalminuto sobre o feito de que o Plan de Transporte Metropolitano de Vigo-asinado hoxe– deixe fora do mesmo á cidade, comentou que a posición do goberno de Vigo e do seu alcalde, Abel Caballero, “está xustificada: a Xunta deberá explicar porqué ten este tratamento con Vigo”.

Neste sentido, Caballero afirmou que “Feijóo estivo hoxe en Vigo facéndose unha foto”-en referencia á sinatura do acordo con alcaldes da área da cidade, todos eles do Partido Popular- e dixo que os vigueses poderán usar o transporte metropolitano “sen que Vigo pague nin un euro…o que quere decir que asumir ese gasto é competencia da Xunta”. O alcalde lembrou que o Concello ofreceuse a pagar 260.000 € para este proxecto, “cando a Xunta pedirá 211.000…e, sen explicar os motivos, Feijóo rexeitouno”.

Caballero acusou ao presidente de pretender que Vigo asinase un cheque en branco, “para que Vigo pagase todo o transporte metropolitano…800.000 o 1 millón de euros” e reiterou que a Xunta non aceptou os cartos de Vigo porque non o consentiu o alcalde de A Coruña, “non podía permitirse quedar mal logo de ter asinado un cheque en branco á Xunta e ver que aquí non estábamos dispostos a facelo”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.