_agenda Agenda

Sábado entre cine e libros con O Coto

¿Tes algún libro que recomendarías ler a calquera? ¿Ganas de ver algún filme que non chegou aos circuitos comerciais? Pois o ‘Sábado de cine e libros’ está pensado para ti. Hoxe a asociación cultural ‘O Coto’ volve a organizar no Colexio Público Carballal (Cabral) unha xuntanza a partires das 20 horas para que todos os interesados traian o seu libro favorito para intercambialo con outra persoa.

Se non queres prestar exemplares, alomenos poderás disfrutar da proxección de películas de calidade que non é habitual atopar nos cines convencionais. Nesta ocasión é o turno de ‘Cometas en el cielo’, dirixida por Marc Foster e baseada na obra de Khaled Hosseini. Ambientada no Afganistán de 1975, durante a invasión rusa previa aos talibáns, a película narra a historia de dous nenos nunha vida chea de encontros e desencontros, de amistade e traizón.

Numerosas cometas que participan nun torneo infantil crúzanse no intenso ceo azul de Kabul. Pero despois de gañar o torneo a traizón de Amir porá en marcha os mecanismos dunha catástrofe. Despois de 20 anos vivindo en Estados Unidos regresa a Afganistán, a pesar do perigo que supón o implacable goberno dos talibáns, disposto a reparar o dano que fixo.

Trala proxección haberá un pequeno coloquio acompañado con café de balde. Se tes nenos, non te preocupes: no tempo que duren as actividades haberá un taller de xogos, lectura e manualidades para os máis pequenos atendido por persoal da asociación.

Se queres máis información podes entrar na web de O Coto ou chamar aos teléfonos 986 487 957 ou 676 524 529.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.