Galicia Video

Folga xeral de estudantes o 25 e 26 deste mes

Manifestación estudantes (arquivo)/Tresyuno Comunicación

O Sindicato de Estudantes convocou unha folga xeral en Bacharelato e na Universidade o 25 e 26 de febreiro para esixir a derrogación do decreto de ordenación dos estudios universitarios aprobado o pasado venres en Consello de Ministros, e que permitirá ás universidades implantar graos de tres anos.

O colectivo estudantil quere «deixar claro o ministerio que van usar todas as súas forzas e que non van deixar de protestar ata que se retire a medida». Deste modo, se o Goberno non rectifica a súa medida, haberá unha segunda convocatoria o 17 e o 18 de marzo ya que, subliña, “o novo sistema suporá a morte das universidades públicas e a expulsión dos fillos dos traballadores do sistema universitario».

O sindicato rexeita, ademáis, a decisión dos reitores de aprazar, polo menos, dous anos a aplicación do Real Decreto, por iso, indica que «se os estudantes estaban escandalizados pola decisión do ministerio o están dobremente polo apoio dos reitores: se defendesen aos estudantes non lle deberían dar un respiro ao Goberno e ser os seus cómplices senón esixir a retirada inmediata e chamar á folga».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.