Vigo al minuto

Rubén Pérez, candidato de Esquerda Unida á Alcaldía de Vigo

Será así porque foi o único candidato presentado para as primarias abertas de Esquerda Unida en Vigo, unha vez rematado, esta fin de semana, o prazo de recolla de avais. Rubén Pérez  considera que a MAREA está tendo un debate constructivo e plural sobre a formula de concurrir ás eleccións, pero considera que ten que abrirse a espazos de converxencia que se poidan construir fóra da nosa cidade para evitar o «bloqueo sistemático ao municipalismo de esquerda» que pode realizar unha deputación dominada polo PP.

Esquerda Unida “priorizará a proposta programática sobre formulacións de candidatos xa que entende que «o tempo político actual require audacia e responsabilidade» e, dacordo coa súa folla de ruta acordada na asemblea local, remitirá cartas a tódolos colectivos sociais da cidade, asociacións veciñais, asociacións culturais ou deportivas, para “interlocucionar con elas sobre o modelo de converxencia política e programa que precisa unha cidade como Vigo”.

A candidatura de Pérez terá o apoio, o vindeiro luns, día 9, do cantidato de Izquierda Unida á Presidecia do Goberno do Estado, Alberto Garzón, nun acto público en Vigo.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.