Vigo al minuto

A Reconquista deste 2015 ocupará dous fines de semana consecutivos

O alcalde anunciou este martes a principal novidade da celebración deste ano, despois dunha reunión que tivo lugar cos responsables da Asociación de Veciños do Casco Vello: a festa terá lugar tanto na fin de semana previa como na propia do 28 e 29 de marzo, con actividades, mercadiños e escenificacións en cada unha

Caballero adiantou que a intención do Concello e da asociación veciñal é facer en 2015 unha festa da Reconquista «máis extensa no tempo e máis intensa en cada un dos días», que se alongará durante dúas fins de semana: a propia do 28 e 29 de marzo e a inmediatamente anterior.

Deste xeito, durante as dúas fins de semana, os asistentes poderán disfrutar de representacións teatrais, mercadiños e actividades musiciais, entre outras. O borrador xa está elaborado e presentarase o programa completo en próximas datas. O alcalde subliñou que «as festas son factor de mobilización económica moi importante», salientou o “bo resultado que obtivo o programa municipal de Nadal no comercio vigués” e comentou que este ano, logo do Entroido e da Reconquista haberá un programa de “festas de primavera”, antes das ‘Festas do Cristo’, no verán.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.