Comarcas

O centro de animais abandonados da Deputación fixo 4.000 intervencións en menos de dous anos

Dende que abriu en abril de 2013, o Centro de Acollida de Animais Abandonados (CAAN) situado no concello de Meis, realizou 4.000 intervencións nos 49 concellos adheridos, segundo informou este venres o presidente da Deputación de Pontevedra.

Por bisbarras, O Salnés suma 966 intervencións; Vigo, 848; Pontevedra, 373; Deza, 359; a de Caldas, 353; a de Tabeirós-Montes, 272; a de O Condado, 267; no Baixo Miño, 243; en Paradanta, 218; e non Morrazo (solo Marín), 125.

Segundo salientou Rafael Louzán, neste tempo o CAAN tramitou máis de 600 adopcións. Outros 500 cans están no Centro e agardan atopar un novo fogar moi pronto, segundo o centro.

A aposta do CAAN pola adopción dos animais recollidos plásmase en subvencións dos custos da adopción para todos os interesados que demostraron a súa conduta responsable, priorizar esta opción fronte a outras. A maiores desenvolvéronse campañas de sensibilización para o fomento da adopción e para a prevención do abandono. Dende o inicio da última campaña, ‘E ti, de quén ves sendo’, no mes de novembro de 2014, a porcentaxe de adopcións supera a dunha diaria.

A adopción non supón ningún custo para o interesado, premiando así a decisión de adoptar fronte á de comprar un animal, segundo destacaron. Os animais entregados aos seus novos propietarios desparasitados, vacinados e identificados.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.