Galicia

177.000 galegos gañan menos de 200 € ao mes e 299.000 non chegan ao salario mínimo

Segundo os datos do Ministerio de Facenda sobre as rendas do traballo, 177.000 galegos cobran menos de 200 € ao mes, unha cantidade que no Estado acada os 2 millóns de persoas. Ademáis, sempres dacordo cos datos oficiais, 299.600 traballadores galegos- o 30,9% do total- gaña menos de 645 €/mes (o Salario Mínimo Interprofesional).

Estas son algunhas das denuncias que fai a CIG quen advirte de que “o cadro de pobreza se instala, de maneira estructural, no mundo do traballo: ter un traballo non asegura vivir fora da exclusión social”.

A central sindical subliña que o Goberno é consciente desta bolsa de pobreza pero “estimula os contratos a tempo parcial porque son o principal activo para reducir o número de desempregados, o obxectivo do Goberno é reducir as estadísticas para poder vender a recuperación económica”.

Ademáis, o sindicato lembra a conxelación do Salario Mínimo en 2013 e 2014 e a “suba residual de 3 € aos mes en 2015”, fronte a países como Alemaña e Franza, onde é de 1.445 € ao mes ou Paixes Baixos, onde chega a 1.485, “o cal proba que a maiores ingresos economías máis sólidas, máis progreso, menos precariedade e menos crise, e non o contrario”, como defende o Goberno do Estado.

A todo isto súmase a conxelación, dende 2015, do Indicador de Rendas Múltiples (IPREM), que queda en 532 €, e que é a base para acceder a diferentes prestacións, como a de desemprego, becas ou dependencia.

Por último a CIG critica duramente a postura de CCOO e UGT que asinaron co Goberno e Patronal un “pacto de silencio”, aprobando medidas como as relatadas, “a cambio de favores na formación a través dos convenios colectivos e, seguramente, a pasividade da Fiscalía e de Facenda da investigación de casos como os EREs de Andalucía”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.