Comarcas

Unha visita polos exemplares senlleiros de Tui, no centenario do Día do Árbore

O 5 de abril de 1910  Tui foi escenario da celebración por vez primeira en Galicia da ‘Festa da árbore’, promovida polo enxeñeiro de montes Rafael Areses Vidal e coa que se pretendía promover a reforestación e o respeto ao medio ambiente como elemento básico de progreso. Hoxe, no seu centenario, Tui organiza unha serie de actividades para continuar con este legado.

A partires das 11..30 horas os interesados poderán participar nunha visita guiada polas árbores senlleiras dos xardíns e alamedas da cidade que comezará na Glorieta de Vigo. Ás 12:30 horas seguiralle unha charla sobre o centenario no Museo Municipal, o antigo convento de San Domingos.

O acto institucional producirase ás 13 horas na Alameda co descubrimento dunha placa conmemorativa, o discurso do alcalde e a plantación dunha árbore. E como premio, ao final de todos os actos repartiranse entre os presentes ata 500 árbores de ‘Quercus robur’, Betula celtibérica e Prunus avium.

Xa hai cen anos a festa celebrouse coa plantación de 300 exemplares na Alameda da cidade e nos alrededores. Hoxe, grazas a esta iniciativa temos o viveiro forestal Áreas ou o parque natural do Monte Aloia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.