Vigo al minuto

Centos de traballadores demandan, en Vigo, a Citroën, un maior compromiso coa plantilla

Citroen Vigo/Tresyuno Comunicación

Centos de persoas  esixiron este sábado á factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën un «maior compromiso» cos seus traballadores e coa industria auxiliar galega. Os manifestantes saíron ao mediodía da Praza de América, cara a factoría de Citroën, onde se concentraron.

Os representantes sindicais pediron á empresa que se comprometa coa plantilla, logo de aprobar, sen consultar cos traballadores, e so co voto do sindicato independente da plata (SIT)-maioritario na mesma- o plan de competitividade.

Para parte dos empregados, este plan non é lexítimo posto que a maioría fala de recortes salariais e non garante nin o futuro nin o’Proxecto k-9’, para a fabricación de furgonetas en Vigo, tanto é asi que os concentrados demandaron da dirección que puxe por autro vehículo para que sexa posible o mantemento da actividade.

Ademáis delo, os concentrados aseguraron que Citroën non ten en conta o conxunto da empresa auxiliar xa que aposta por traer compoñentes de Portugal e Marrocos, o cal pon en perigo os empregos en toda a bisbarra viguesa.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.