Vigo al minuto

Os médicos de Urxencias do Meixoeiro, en folga indefinida

Os sindicatos CESM Galicia e O’mega veñen de convocar unha  folga de médicos, indefinida, en Urxencias do Hospital Meixoeiro para esixir que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) contrate a un médico máis xa que consideran que o servizo está atendido de xeito deficiente.

“Dende hai máis dun ano» están a denunciar unaumento importante» da carga laboral, que está a derivar no incremento do tempo de espera e a demora na resolución das patoloxías dos pacientes que acoden a Urxencias.

Os médicos subliñan que estes problemas se acentúan en certas quendas e días da semana nos que o número de facultativos é inferior a outros días con carga asistencial similar. Así, sinalan que nas quendas diúrnas de luns a venres hai 6 médicos e sábados e domingos só 4; e de noite hai 3, os martes, mércores e xoves, e o resto de días hai 4.

«Estas diferenzas non se xustifican coa carga laboral que se ten que atender, polo que é necesaria unha homoxeneización», trasladaron os sindicatos, que aseguraron que presentaron estas esixencias «en reiteradas ocasións» ante a Xerencia, pero non foron atendidas.

A folga terá duración indefinida e os paros manteranse entre as 9 da noite dos martes e as 9 da mañá dos venres- respectando os servizos mínimos cos que «a correcta asistencia está garantida»-.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.