Vigo al minuto

Saiáns descubrirá os seus tesouros no ‘Camiña e Coñece’

Parque Forestal de Saiáns
Parque Forestal de Saiáns

Paixase espectacular, un castro,  muíños rupestres e de augua.  Saiáns amosará o domingo,nun novo roteiro de  ‘Camiña e Coñece’, estes tesouros que agocha no seu parque forestal. Tratase dun percorrido adecuado para tódalas idades e cuña duración aproximada de 3 horas.

Ao longo de 5 paradas nas que intervirá un guía, aquel que asista sorprenderase co Castro de Estea, un dos poucos de Galicia que conta con dobre terraza e zanxa de protección. Nel se recuperaron vestixios e, actualmente, está na súa primeira fase de musealización grazas a unha suvención otorgada polo bipartito para tal efecto. Neste intre  estase a eliminar a súa masa arbórea , posteriormente farase unha limpeza polo miudo (sen intervir maquinaria) sinalizarase e editarán un libro con máis información.

Pero non se queda aquí o atractivo do roteiro, xa que no percorrido poderanse observar dúas tipoloxías de muíños:  o rupestre navicular e os de auga históricos.

O broche final o pon o Monte da Bandeira, dende onde se pode contemplar Saiáns e o seu contorno xeográfico.

Xosé Rei, presidente da Asociación de Veciños de Saiáns, amosouse orgulloso de «por en valor as cousas da parroquia» grazas ao ‘Camiña e Coñece’, promovido dende o Concello de Vigo. Así, Rei explicou en rolda de prensa o traballo que están a desenvolver no parque forestal, que non remata coa musealización do castro. Así,  actualmente se encontran a elaborar un novo Plan de Ordenación que contempla a reforestación da parte baixa do monte con especies autóctonas.

Xa sabes, se che interesa, tes unha cita este domingo 27, as 10:00 horas no Parque Forestal de Saiáns.

‘Camiña e coñece’ é unha iniciativa das concellerías de Deportes, Cultura e Animación Sociocultural. En edicións pasadas recorreuse a cidade de Vigo, o Lagares, Bouzas, Valadares, Chandebrito e Zamáns. O roteiro de Saiáns o organiza en colaboración coa Asociación de Veciños da parroquia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.