Vigo al minuto

Manifestación, este xoves en Vigo, polo «emprego de calidade na automoción»

A Confederación Intersindical Galega (CIG), ven de convocar unha manifestación para este xoves en Vigo, que sairá ás 8 da tarde da Praza de América, en dirección á planta de PSA Peugeot Citroën, para reclamar emprego de calidade na automoción e para advertir de que non consentirán que a multinacional «impoña ao resto de empresas do sector os recortes acordados co sindicato independiente” da planta viguesa.

Nunha rolda de prensa, representantes da central nacionalista advertiron de que PSA adoptou un “modelo de chantaxe» cara aos provedores, ameazando con deslocalizacions para que esas empresas «se non precarizan as condicións dos seus traballadores…isto empeza en PSA, pero a idea é trasladalo ao resto do sector», aseguraron.

A CIG acusa, ademáis ao Clúster de Empresas de Automoción (Ceaga), de ser «cómplice dese empeoramento das condicións laboráis”, e tamén á Administración, á que esixiu que as “subvencións e axudas públicas estean condicionadas a un compromiso de carga de traballo a curto, medio e longo prazo».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.