Vigo al minuto

Marea de Vigo denuncia o deterioro de inmobles do Barrio do Cura que son Bens de Interese Cultural

Fotografía: Marea de Vigo

Marea de Vigo ven de denunciar que nos últimos días esboroáronse boa parte dos perpiaños de granito que conformaban os números 10, 11, 12, e 13 do Barrio do Cura. Segundo lembra, “este singular conxunto de vivendas populares do século XIX, que contaban con solainas, pórticos e lavadoiro comunal, foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 2006, e leva, igual có resto do barrio, 15 anos en situación de abandono por parte dos seus propietarios, Valery Karpin Asociados Inmobiliarios, e máis polo Concello de Vigo, que é o responsable legal da súa conservación”

Este colectivo salienta que “para máis escarnio, precisamente este conxunto de arquitectura popular é dos poucos elementos de patrimonio histórico que o Plan Especial de Reforma Interior do Barrio do Cura esixe conservar” e que, á vista do seu estado, haberá que reconstruir.

Marea de Vigo denuncia “esta lamentable situación, e esixe que dende a administración se rehabilite e consolide o conxunto de elementos de patrimonio, bens e espazos públicos do Barrio do Cura, “actualmente abandonados por lo Concello mesmo e os seus propietarios”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.