Vigo al minuto

O persoal de mantemento de Meixoeiro denuncia en Traballo a vulneración do seu dereito á folga

Hospital do Meixoeiro

Traballadores do servizo de mantemento do Hospital Meixoeiro de Vigo denunciaron ante a Inspección de Traballo que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) vulnera «o dereito a folga ao utilizar traballadores propios para arranxar danos» no hospital.

Logo de 8 días de folga, hai “importantes deficiencias» no centro sanitario, como o feiro de que a lavandería non funcione por unha fuga de vapor, como tampouco funciona a climatización do novo edificio ou dos dos ascensores, problemas que non poden afrontarse porque os servizos mínimos acordados co Sergas e a empresa que xestiona o servizo de mantemento, Isolux, «son insuficientes para atender todas estas función, motivo polo cal sanidade  optou por recorrer a traballadores propios”.

Segundo o persoal, todo a plantilla está a secundar esta folga, que empezou o pasado luns, día 17 para esixir que se garanta a continuación dos postos de traballo e para ter «información real» de Sanidade sobre o plan de servizos non sanitarios da área sanitaria de Vigo.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.