Comarcas

O BNG pide que se complete o acceso á Plisan cun vial a Ourense

Cre que o goberno local de Salvaterra non está a facer todo o que puidera para acabar coa falta de acceso e saída dos vehículos procedentes de Ourense e que queran achegarse ata a localidade pola autoestrada que conectará a Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan) e a autovía Rías Baixas (A-52). Por iso, o grupo municipal do BNG insta ao alcalde a negociar coa Xunta medidas para completar os accesos do vial.

A adxudicación da execución das obras que levou a cabo a Consellería de Medio Ambiente non prevé o enlace completo coa autovía A-52, según o portavoz do BNG, «xa que non contempla nin a entrada á A-52 en dirección Ourense-Madrid, nin a saída dos vehículos procedentes destas orixes con destino á Plisan. Resulta inconcebible que non se prevea darlle servizo ao tráfico de mercadorías que cheguen ou saian cara a meseta».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.