Destacados Vigo al minuto

Os traballadores de Cespa desconvocan a folga logo da «rectificación» do goberno local

Traballadores de Cespa protestando diante do Concello/Tresyuno Comunicación

O cadro de persoal de Cespa, concesionaria do servizo de Parques e Xardíns, decidiu, este venres en asamblea, desconvocar a folga indefinida iniciada o pasado luns para reclamar a corrección dunha serie de erros no prego de condicións do novo concurso de adxudicación.

A desconvocatoria foi posíbel porque o Goberno local, nunha xuntanza extraordinaria, aprobou un novo documento no que se especifica a totalidade do cadro de persoal -110 traballadores-, a súa antigüidade, tipo de contrato, categoría laboral, salario bruto e convenio de aplicación, tal e como demandaba o comité de empresa.

“Coa decisión do Goberno local amósase que os empregados tiñamos razón cando denunciamos a existencia de erros no prego de condicións, porque os responsábeis municipais non fixeron os deberes e non lle reclamaron á compañía unha lista de contratación actualizada. Agora, tras a presión dos traballadores, o Concello viuse obrigado a aprobar de urxencia un novo prego no que figura a lista completa, incorporando os catro traballadores que quedaran fóra», asegurou o presidente do Comité de empresa.

O documento, ademáis, tamén modifica a cláusula de subcontratación do 50% para aclarar que se permitirá unicamente para os medios materiais.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.