Cultura Vigo al minuto

‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, en Vigo

O espectáculo familiar ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’-versión da obra de Carlos Casares- chega este domingo día 2 á Vigo (6 da tarde no Centro Cultural Caixanova)-. Esta representación, a cargo de José Caldas na dirección escénica e de Bernardo Martínez en música e composición, ofrece os espectadores «unha nova perspectiva sobre a obra» do autor ourensán, a quen o Centro Dramático Galego volve homenaxear tras revisar o texto e a montaxe que xa levaran a escena hai 10 anos.

Así mesmo, neste espectáculo intégranse «harmoniosamente» o conto ‘A galiña azul’, ademais doutras creacións de Casares, para o que se recupera a escenografía e o vestiario e se reúnen sobre o escenario «tódalas expresións artísticas».

Esta obra atopa inmersa nunha xira que se estenderá ata finais de ano por toda Galicia, onde xa recalou en Ourense, Narón e Pontevedra e que ten como próximos destinos escenarios de Viveiro, Tui, O Barco de Valdeorras, A Estrada e Compostela.

As entradas, cun prezo que parte dos 2,70 €, poderán ser adquiridas por anticipado a través da web de Servinova.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.