Comarcas

Os afectados pola Plisan denuncia ao presidente do IGVS

A Plataforma de Afectados pola Plisan acaba de iniciar dilixencias penais contra o presidente do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio Boné, por posibles falsedades nunha carta remitida en xaneiro aos expropiados. O xulgado de Instrucción número 1 de Santiago citou a Boné a declarar o vindeiro 7 de xullo como imputado por afirmar que o expediente de aprobación do Decreto 84/2009 fora tramitado sen «ser analizado nin autorizado nin aprobado polas outras partes asinantes, Autoridade Portuaria de Vigo e Consorcio da Zona Franca».

Sen embargo, nas actas da Comisión de Seguimento criada polos Promotores da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves reflicten que os distintos borradores dos convenios foron debatidos e que ata 8 cuestións foron rectificadas polo pola Consellería de Vivenda e Solo  dende o primeiro borrador entregado ás partes o 19 de decembro de 2008 ata o texto definitivo publicado no Diario Oficial de Galicia.

Os afectados recorren agora á vía penal e amplían a denuncia a sospeitas de prevaricación, ao soster que se puido ter tomado acordos a sabendas de ser inxustos. A declarar como testemuñas serán citados Rosa Losada, anterior  Secretaria da Conselleira de Vivenda e Solo; Eudosio Álvarez, anterior delegado da Consellería en Pontevedra; Bárbara Fernández, xerente de Xestur; Daniel Pino, presidente do IGVS no anterior goberno; Teresa Pisano, delegada de Zona Franca de Vigo; Rosa Eguizábal e Beatriz Colunga por parte da Autoridade Portuaria de Vigo.

Os afectados levan 125 días pechados no salón de plenos do Concello de Salvaterra.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.