Vigo al minuto

As axudas municipais para vivenda, luz e gas e comida, empezarán a pagarse a semana que ven

Unha Xunta de Goberno extraordinaria do Concello aprobou este mércores a convocatoria de axudas extraordinarias para familias, que beneficiará a 1.253 solicitantes. Segundo os datos facilitados polo alcalde, Máis de 901.000 € -dos que poderán beneficiare unha 1.000 familias- serán para pagos de hipoteca ou aluguer-163.325 € se empregarán no pago de atrasos no aluguer ou hipoteca e outros 738.338 servirán para abonar os meses de outubro, novemebro e decembro-; 204.000 € serán para electricidade e gas e outros 695.000 van destinados á adquisición de alimentos. As cantidades a percibir varían en función dos ingresos, o número de membros da unidade de convivencia e de ter ou non hipoteca ou aluguer.

Polo que atingue aos 204.000 € para electricidade e gas, os mesmos beneficiarán a 884 fogares, que recibirán un importe máximo de 250 €. Por último,694.307 € serán entregados nas chamadas «tarxetas da dignidade» a 755 familias para a adquisición de alimentos.

O alcalde aclarou que unha familia pode resultar beneficiaria de axudas so para vivenda, para vivenda e enerxía ou tamén para vivenda, enerxía e alimentos, dependendo do baremo dos técnicos. Os pagos aos beneficiarios empezarán a semana que ven, no Concello, en turnos de 200 diarios.

O Concello recibiu 1.971 solicitudes de axuda, das que 718 foron desestimadas por incumprimento das bases da convocatoria, principalmente por superar o máximo dos ingresos requeridos, por erros na documentación e por incumprir coa antigüidade no padrón municipal.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.