Vigo al minuto

Sanidade cré que o Meixoeiro é a mellor opción para ser o centro de referencia do ébola en Galicia

“Sen ningún xénero de dúbidas o hospital Meixoeiro de Vigo é o mellor preparado» para ser centro de referencia en Galicia para o tratamento de posibles casos de ébola. Eso é o que cré o director xeral de Asistencia Sanitaria, e asi o dixo, este xoves, durante a súa comparecencia en Comisión parlamentaria para responder a unha pregunta da deputada de AGE Eva Solla sobre a elección deste hospital como centro de referencia en Galicia para casos de ébola.

Solla criticou a decisión «unilateral por parte da consellería” e preguntou ao director xeral sobre os datos que levaron a tomar esta decisión que o grupo de AGE considera «non a máis axeitada».A deputada preguntou ademais acerca do gasto que está a realizar Sanidade en dotación de recursos contra o ébola dentro dun plan «improvisado» e sinalou se non sería máis idóneo elixir como centro de referencia un hospital que «puidese desaloxarse por completo en caso de que fose necesario».

Félix Rubial sostivo que a elección se tomou baseándose nas recomendacións de «expertos na materia». Tras afirmar que as posibilidades de extensión do ébola en España son «moi escasas», Rubial recordou que o porto de Vigo foi designado de referencia para a evacuación de enfermos infecciosos e rexistrou simulacros neste sentido. Así mesmo, engadiu, “o laboratorio de microbioloxía do hospital Meixoeiro foi nomeado en 2009 laboratorio de referencia para o virus da Gripe A», polo que conta con protocolos de actuación en microbioloxía.

Ruibal lembrou que o Meixoeiro conta con zonas de hospitalización con presión negativa illadas e con entrada independente e profesionais comprometidos con estas indicacións, subliñou que o ébola, que «non se trasmite polo aire» e asegurou que a posibilidade de desaloxo do centro hospitalario é «unha situación que non se contempla no protocolo».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.