Vigo al minuto

Novas tecnoloxías, dotes musicais ou gastronomía, os cursos de outubro en VigoSónico

A programación de VigoSónico ofrecerá variedade de obradoiros, vencellados á música, as novas tecnoloxías, así como as dotes artísticas e creativas, ou calquer eido que poda ser do teu interese.

Para os amantes da repostería, o mes comeza co curso de CupCakes, a escoller entre o día 1 e o 22 de outubro, de 5 a 7 do serán. Se o teu gusto atópase na música, non perdas a ocasión de acudir, ao obradoiro de sonorización de concertos, os días 3 e 4, participando na sonorización nun concerto en directo; ou os cursos de Edición Básica de Son, e Publica o teu vídeo en YouTube, os mércores 15 e 19 de outubro, respectivamente, no mesmo horario.Se o teu é o baile, VigoSonico tamén ofrece disciplinas como Danza Oriental, o domingo 19, de 5 a 7 da tarde.

Os interesados poden anotarse nun máximo de 3 cursos por formulario online. Rematado o prazo de inscricións, comunicárase a concesión das prazas por medio do correo electrónico.

 

 

 

También te puede interesar