Vigo al minuto

Acampada da Asamblea de Movementos Sociais de Vigo, diante da Xunta coincidindo coa chegada do ‘Oasis of the seas’

FOTOGRAFÍAS: ERNESTO ILKERMN/ A Asemblea de Movementos Sociáis de Vigo, tras manifestarse este sábado pola mañá, decidiu alongar a súa protesta cunha acampada diante da sé da Xunta de Galicia para “reclamar o que nin o Goberno galego, nin o Concello nin o Goberno do Estado nos dan”, coincidindo co “luxo” da chegada de dous xigantes do mar, o Oasis of the Seas e o Celebrity Infinity.

Segundo subliñaron, os dereitos básicos recollidos na tan loubada Constitución “que para moitos políticos debe estar colgada a modo de papel hixiénico no retrete…iso si, éncheselles a lingua con ela, pero… o que din é merda”. Fronte a inacción das Administracións públicas afirmaron que hai que reclamar o que “é noso, por dereito, e por dereitos humáns, e cartos non faltan”.

Como denunciaron, «¡Non pode ser! ¡Escaleiras mecánicas e xente sen comer!», en referencias as  escaleiras da Porta do Sol, “polo módico prezo de 489.769,49 €” “mentres se facían… ata catro persoas morreron abandonadas no Asilo do Barrio do Cura».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.