Cultura

O Festival SonRías Baixas en Bueu, cancelado polo mal tempo

A XIII edición do Festival SonRías Baixas, programado para o venres 19 e sábado 20 de setembro, no Multiusos da Estacada en Bueu, cancélase polo temporal, segundo comunica a organización.

O evento foi suspendido pola «choiva e o vento, que non nos deron tregua, fixeron imposible a montaxe do escenario e dos equipos de son e luz» informa o equipo do Festival, “facéndolo definitivamente inviable polo risco físico que suporía para os artistas, montadores, intervintes e asistentes, expoñen. A organización lamenta o acontecido, «entristécenos moito máis do que xamais seremos capaces de transmitirvos. Sentímolo, de corazón.»

O equipo SonRías Baixas explica que devolverán o 100% do importe das entradas. Aquelas persoas que as mercaron por Internet, recibirán a cantidade automáticamente na tarxeta, dende que fixeron a compra nun prazo de 3 a 15 días hábiles. As compras realizadas nun punto de venda físico, poden canxearse polo importe na billeteira esta tarde e mañá, ou no mesmo punto de venda a partir do mércores, día 24. En caso de dúbidas, o correo para os interesados é [email protected], ou a través do Facebook ou do Twitter.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.