Vigo al minuto

O concelleiro Ángel Rivas amosa a súa disposición a «cooperar coa Xustiza»

Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, o concelleiro Ángel Rivas- que ven de ser citado a declarar como imputado nos presuntos delitos de negociación prohibida a funcionarios e prevaricación administrativa– adianta «a miña absoluta disposición a cooperar coa Xustiza para o esclarecemento de todos os feitos».

Rivas asegura que acudirá a declarar o cal, subliña, «por fin me permitirá defenderme de acusacións completamente infundadas que se verteron sobre a miña persoa nos dous últimos anos e,que quero reiterar, son completamente falsas».

O concelleiro de Limpeza, Parques e Xardíns e Distritos, amosa o seu  respecto polas actuacións xudiciais e do Ministerio Fiscal, e insite, «defendereime destasacusacións falsas porque todo o traballo que desenvolvín realiceino sempre cun escrupuloso respecto á lei e á decencia. Estou convencido de que demostrarei a miña absoluta inocencia respecto das falsas acusacións das que estou sendo obxecto nalgúns medios de comunicación».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.