Máis de vinte tractores clásicos- dos anos 50 e 60 do século pasado- percorreron este domingo a Ribeira Sacra en Lugo para apoiar a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade da Unesco.
Segundo a Deputación, esta iniciativa se enmarca na I Ruta en Tractor Clásico Ribeira Sacra organizada pola Asociación Galega de Amigos de Maquinaria Agrícola Clásica (Agamac) en colaboración co ente provincial.
A ruta comezou 10 da mañá en Sober coa previsión de percorrer 13 concellos da provincia e visitar varias adegas, e rematar ás 10 da noite na praza de Chantada. A Deputación subliñou que o tractor máis antigo que participou na ruta é un Zetor 25k do ano 1947 e fabricado na República Checa.
Esta iniciativa forma parte da campaña de «sensibilización cidadá» que está a desenvolver a Deputación de Lugo para «implicar a cantos máis mellor». Por iso, iniciouse o pasado outubro unha recollida de sinaturas que sumou «máis de 40.000» apoios.
