Segue o peche de pais de alumnos e profesores do Colexio Suárez Marquier de O Rosal

Foto cedida por 'Trueno'

25 pais de alumnos e profesores do Colexio Suárez Marquier de O Rosal, seguen pechados no centro- onde xa pasaron a primeira noite- como protesta pola falta dun profesor que, segundo declararon “é imprescindibel para garantir a calidade do que ensinamos aos rapaces”.

Foto cedida por 'Trueno'

“Seguiremos aquí ata que se cumpra a Lei”, aseguraron no que é o primeiro día dun peche indefinido e que levounos a durmir na aula multiusos e o corredor do colexio, espazo que non ocuparán a noite deste xoves ao venres, “ímolo cambiar por outro máis cómodo” e, de paso, “facer máis curtas as quendas, porque temémonos que isto vai para moito tempo”.

Isto pode ser así porque os responsables de Educación da Xunta insisten en que chegan cos profesores que hai para garantir a calidade da atención ais rapaces do centro, mentres que país e ensinantes repiten que non deixarán a protesta mentres non se atenda a súa reivindicación.

 

También te puede interesar