Galicia

O Sergas insiste, «o laboratorio central no Meixoeiro garante todas as necesidades asistenciais»

Novo hospital/Tresyuno Comunicación

O director de Asistencia Sanitaria do Sergas reiterou este xoves no Parlamento de Galicia que a situación do laboratorio central do novo hospital no Meixoeiro «garantirá todas as necesidades asistenciais» dos doentes.

En resposta ás críticas da deputada do BNG Montse Prado, Félix Rubial explicou que a apertura do novo hospital de Vigo fixo necesario redeseñar a atención hospitalaria na cidade de xeito que “cada centro desenvolva actividades complementarias e de que se eviten as duplicidades» existentes.

En contra da acusación da deputada da oposición de que tratábase dunha “decisión ideolóxica, para seguir a súa política de privatización»,o director de Asistencia Sanitaria subliñou que a decisión basease na «complexidade das patoloxías, as características arquitectónicas dos hospitais e a súa dotación: e o Meixoeiro é a situación máis axeitada».

A deputada Prado lembrou as críticas dos profesionais, que xa advertiron de que a distancia do laboratorio ao maior hospital da bisbarra levará consigo «riscos para a atención sanitaria», o cal foi rexeitado por Félix Rubial que reiterou que «a tendencia en todas partes do mundo é a centralización» dos laboratorios por cuestións de operatividad e eficiencia, xa que a concentración de probas implica unha minoración de custos en reactivos”.

Ruibal apuntou que o laboratorio central do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac) non está no «hospital máis grande», o antigo Juan Canalejo, senón que se atopa no Teresa Herrera. «E non hai ningún problema asistencial nin ningunha dificultade para os profesionais».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.