Galicia

‘Podemos’ achégase aos 6.000 afiliados en Galicia

5.678. Ese é o número de afiliados que ten ‘Podemos’ en Galicia, a quinta comunidade do Estado na que máis persoas se inscribiron á formación. O sistema de afiliación de ‘Podemos’ é distinto da dos partidos tradicionais: a inscrición é gratuíta e non implica o pagamento dunha cota.

En Galicia, o Partido Popular ten 101.000 militantes, o PSOE 11.094 e o BNG con 7.096. Cos seus 5.678 inscritos, ‘Podemos’ sitúase por enriba de IU, con 1.400, e de Anova, con 1.200, formacións que integran a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE).

Para solicitar financiamento, ‘Podemos’ puxo en marcha paralelamente un sistema de colaboracións periódicas que non require ser militante da formación. Non obstante, o partido establece que os «inscritos» ou «membros» son os que terán a capacidade de participar nas votacións que se leven a cabo na formación, incluídas as que se celebrarán ao longo da asemblea constituínte de outono que decidirá non só o formato de partido que adoptará Podemos senón tamén a nova dirección.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.