Galicia

O Foro de Sao Paulo recoñece a Galicia como nación

O Foro de Sao Paulo recoñeceu este sábado a Galicia como nación na súa XX edición celebrada na capital boliviana de La Paz, ao que asistiron máis de 650 representantes de 180 políticos de esquerda, fundacións e organizacións sociais de toda América Latina, así como organizacións políticas de varios continentes.

Galicia estivo representada pola Fundación Galiza Sempre e a secretaria de Política Internacional do BNG e voceira de Exteriores da fundación nacionalista, Ana Miranda, tal e como fixera en 2003, 2007 e 2010.

A declaración final do foro resumiu un plano de acción conxunto «de loita contra os gobernos conservadores, neoliberales e excluíntes», así mesmo, neste foro estableceuse unha “loita conxunta para derrotar ao contraataque do imperialismo e das forzas reaccionarias», tanto en América Latina como en Europa.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.