A conselleira de Benestar afirma que na dependencia o importante son os afectados e non as súas familias

A conselleira de Traballo declarou este xoves que o seu compromiso cos dependentes galegos se basea, «sobre todo, en garantir atención de calidade» e en prestar servizos con «distinción profesional», tendo en conta que o obxectivo da lei é «precisamente a protección das persoas afectadas, e non das familias».

Preguntada en rolda de prensa sobre os recortes en dependencia, Betariz Mato salientou o incremento anual do número de dependentes atendidos en Galicia e abundou en que a atención que reciben é «sempre» de calidade, é dicir, con servizos que supoñen un esforzo económico por parte da Xunta «superior ao que sería facer chegar paguiñas».

«A paga é diñeiro que entra nunha familia, e para min, o mais importante é que sexa para o dependente e non para a familia», defendeu, para explicar que «moitas veces un familiar non pode tratar o dependente da forma en que o necesita» e por iso o Goberno aposta «polas prazas e non polas pagas».

En relación co recorte dos fondos para dependencia por parte do Estado, Beatriz Mato subliñou que a Xunta achega «preto do 80 % de recursos propios» para compensar a caída. «Creo que esta porcentaxe é o suficientemente significativa para mostrar o grao de compromiso que ten esta comunidade autónoma e o grao de esforzo para o desenvolvemento da lei», reivindicou, e engadiu que o 60 % dos fondos da área social da Consellería de Traballo están destinados á dependencia.

A preguntas dos xornalistas sobre que haxa dependentes que deban abandonar as súas residencias ao non poder facer fronte ao seu custo, a conselleira asegurou que «a día de hoxe non ten constancia de que ninguén queira saír do sistema nin rexeite a achega económica que se pode dar».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.