Afectados polas Preferentes protestarán en Tui polas multas que deben afrontar por reclamar os seus aforros

Afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño realizarán un acto de protesta, o vindeiro xoves, 14 de agosto – ás 11 e media da mañá- diante do Concello de Tui para rexeitar o pagamento das multas impostas a este colectivo.

Segundo o voceiro da plataforma, “a intención destas multas non é outro que o de amedrentar  aos afectados, e sendo nos reiteradamente reprimidos, que nos vemos na obriga de afrontar con preto de 7.100 € para poder emprender os correspondentes recursos por vía xudicial e así demostrar a represión que dende o Concello de Tui se está a levar a cabo cos aforradores”.

So a Plataforma de Afectados polas Preferentes de O Baixo Miño suma, en total, 16.000 € en multas, entre elas os 100 € impostos a Encarnación, de 74 años, por golpear o tapacubos dun 600 cunha barra de ferro;  600 € a outra afectada, que grababa imaxes cun móvil, por “desórdenes graves na vía pública”, ao impedir a salida dun coche oficial; 80 € –por coaccións, a unha muller de 82 anos que necesita un andador para moverse, por increpar a axentes e proferir frases ofensivas á autoridade; so polas concentración nos concellos de O Rosal e Tui esas sancións achéganse aos 10.000 €, e o voceiro da Plataforma, Xulio Vicente, acumula, él so, preto de 7.000 € en multas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.