Galicia non volverá a taxas de crecemento anteriores á crise ate 2017 ou 2018

O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia crecerá en torno a un 1,3% en 2014 e preto do 2% en 2015, de acordo coas previsións de organismos nacionais e internacionais que manexa Afundación -obra social de Abanca- no seu informe sobre a evolución da economía galega.

O profesor da Universidade de Santiago Alberto Meixide, director do estudo, salientou este mércores que aínda quedan «incertezas e desequilibrios» nun escenario no que os indicadores apuntan á recuperación, polo que a volta a taxas de aumento do Producto Interior Bruto (PIB) previas á crise – máis do 3%- non chegará nun horizonte de polo menos «tres, catro anos».

Ao respecto da evolución da economía galega, que caeu un 1% o ano pasado, o profesor Meixide constatou que foi unha evolución «algo menos mala» da do conxunto do Estado pero, indicou, a poboación galega tamén diminuíu estes anos, o que ten unha «lectura positiva» dende o lado do PIB, pois continuouse coa converxencia de renda co Estado- se era dun 88,5% da media española en 2008, situouse no 91,6% en 2013-, e unha lectura nada positiva en termos de movementos de poboación, pois vencella a cifra «co declive demográfico» galego.

Con todo, o saldo é «negativo» en canto a converxencia coa media da Unión Europea, algo que aconteceu igualmente co PIB per cápita do Estado, ao se perder parte do avanzado nos anos anteriores.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.