Vigo al minuto

Este martes, manifestación contra a eliminación do laboratorio central do novo hospital

A Xunta de persoal da Área sanitaria de Vigo convoca unha Manifestación-concentración este martes, 29 de xullo, ás 11 da mañá no Xeral “por un novo hospital de Vigo dotado de laboratorio central”. A mesma pasará pola Praza de España e voltará ao Xeral.

Os traballadores esixen ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) que dote ao Novo Hospital de Vigo dun laboratorio central, así como o “cese do regueiro de privatizacións que este goberno está a promover na sanidade pública”.

A xunta de persoal subliña que dende o goberno decidiron entregar a construción do novo hospital a empresas e bancos para que o xestionen de forma privada, “multiplicando o prezo por 5 e recortando camas, dimensión e servizos, incluso segregando algúns deles como o laboratorio, privatizando a lavandería, cociña ou mantemento».

Traballadores sanitarios e médicos califican de “inconcebible” desde un punto de vista científico que o novo hospital careza do devandito laboratorio e advirten que esta decisión suporá, ademáis dun peor servizo para os doentes, un risco moi serio para a súa saúde ademáis de que ista segregación “abre a porta a novas privatizacións de máis servizos que, de consentir a do laboratorio, serán moito máis doadas”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.