Vigo al minuto

‘Quedada en Castrelos’, o ‘Correlingua’, Bibliotecas Vivintes e regueifas nas Cíes, nas vindeiras datas

Isaura Abelairas, concelleira de Normalización Lingüística

A concelleira de Normalización Lingüística presentou este mércores as actividades a desenvolver pola súa concellería as vindeiras datas, entre as que subliñou a cita de 500 alumnos, de Infantil a Bacharelato, en Castrelos, o vindeiro día 15, nun «intercambio de experiencias de cara á lectura», como peche dos obradoiros literarios que promove o Concello nos centros escolares durante o curso, que estará conducida pola actriz Uxía Blanco.

Isaura Abelairas salientou que o Concello realiza en cada trimestre sobre 200 actividades, en colaboración con numerosas entidades de carácter cultural, vecinal, ademáis de colexios de primaria, secundaria e mesmo a Universidade.

Tamén, este mes, será o xa tradicional Correlingua -o vindeiro venres día 9, e o 29 -, en colaboración cos colexios da zona e a asociación veciñal Novo Vigo de Navia, e que proporá a  colocación, por parte de escolares, de carteis coa toponimia actual e pasada das distintas zonas de Teixugueiras.

Entre as propostas en marcha, Abelairas fixo fincapé nas Bibliotecas Vivintes, «unha forma máis de animar á lectura» ao público infantil consistente en que unha persoa -participaron algúns xogadores do Celta- representa no Verbum un libro, dándolle lectura e facendo seus os personaxes para que os rapaces poidan preguntarlles como lle cuestionarían ao propio libro.

No Centro de Interpretación da Oralidade, e en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas, está previsto un «verán regueifeiro», con conferencias, actividades e xogos nas illas Cíes. Tamén a cargo do alumnado deste centro, o Concello traballa nun fin de festa na Praza da Constitución, o 30 de maio, con regueifas e improvisación oral.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.