Galicia

Denuncian en Bruxelas os impostos aos emigrantes retornados, con multas de entre 8.000 e 20.000 €

O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar unha denuncia en Bruxelas en defensa das pensións dos emigrantes retornados galegos, que se están a ver “acosados” polo Ministerio de Facenda, que pretende facerlles pagar “inxustamente” polas xubilacións que cobran noutros países nos que cotizaron durante a súa vida laboral nos seus anos de emigrantes. Esta situación afecta a uns 250.000 emigrantes retornados galegos, que están a recibir multas de entre 8.000 e 20.000 €.

A eurodiputada do Bloque, Ana Miranda, insta nesta iniciativa á Eurocámara a pronunciarse sobre a legalidade da decisión do Goberno español, que está a enviar multas e comunicacións de apremio a miles de emigrantes galegos, todas elas con atrasos e intereses de demora para que coticen polos ingresos procedentes das súas pensións no estranxeiro.

A eurodeputada do Bloque advirte de que esta é “unha decisión recadatoria, que ningún outro Estado membro da Unión Europea adoptou”, polo que está convencida de que Bruxelas terá algo que dicir, porque «estas persoas xa declararon no seu día no país no que traballaban e agora ordénaselles volver facelo”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.