Galicia

A Xunta asegura que non haberá multas por superprodución de leite

A conselleira de Medio Rural asegurou, de novo, no Pleno do Parlamento de Galicia que non haberá sancións por superprodución na última campaña láctea, que concluíu o pasado 31 de marzo.

Segundo publica Galicia Confidencial, a conselleira respostaba a unha pregunta da deputada do BNG Tareixa Paz quen salientou que, dende a entrada de Galicia na Unión Europea, os productores galegos pagaron 200 millóns de euros para adquirir cota láctea, “único caso en Europa”, ante o desaxuste entre a cota asignada a Galicia e a produción real do país. A parlamentaria nacionalista galega preguntou tamén polas medidas que a Consellería adoptou para facer fronte á nova situación.

A conselleira Quintana indicou que, cos datos de que se dispoñen desde o inicio desta campaña, o pasado primeiro de abril, non se desprende que vaia a haber sobreproducción respecto de as cotas.

Sobre a referencia da conselleira a que a situación de cotas foi herdada, a deputada criticoulle a súa «vocación de herdeiros universais» e reprochoulle que se trata dunha herdanza do ex presidente Aznar, nunha situación na que “o actual ministro, Arias Cañete, tivo algo que ver». Tamén rexeitou o sistema de reparto das axudas no que o 80 % dos recursos destínanse ao 20 por cento dos productores.

A conselleira concluíu pedindo “tranquilidade” á representante do BNG e subliñou que o seu departamento traballa para que o lácteo sexa forte en Galicia e incremente a súa base territorial, como demandou Paz, coa lei de mellora da estrutura agraria, que se atopa nos últimos trámites do Executivo, para ser remitida ao Parlamento.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.