Sucesos

Detido en Vigo por insultar e ameazar de morte aos empregados dunha cafetería de Teis

A Policía Local de Vigo detivo a J.V.P., veciño da cidade, de 58 anos, por insultar e ameazar de morte a propietaria e o camareiro dunha cafetería de Teis. Segundo o 092, este mércores a propietaria do establecemento pediu, ata en catro veces que unha patrulla fose ao seu local, na rúa Doutor Corbal, onde un cliente estaba “causando problemas» dende primeira hora da mañá.

Segundo manifestou a muller, a primeira chamada realizouna sobre as 7 da mañá, cando o local non estaba aberto ao público, e un home accedeu sen permiso á cafetería e pediu un viño e, pese a que lle pediron que saíse, negouse.

Ás 11, volveu, e, dende a porta, comezou a insultala, polo que a muller avisou de novo os axentes; ás 4 da tarde o individuo regresou, deste vez para insultala e ameazala, a ela e a un camareiro, polo que pediron que unha patrulla se desprazase ata o lugar.

Finalmente, o individuo regresou,de novo, pasadas as 4 e vinte e, sen mediar palabra, suxeitou o empregado polo peito e proferiu ameazas de morte, iniciándose un forcexo entre ambos os dous. Por todo iso, os axentes detiveron o home e deron conta á autoridade xudicial correspondente.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.