Vigo al minuto

O Día Internacional da Muller, desde este venres, en Vigo

A alcaldesa en funicións e concelleira de Igualdade, xunto con representantes do Consello municipal da Muller, chamaron á participación de toda a cidadanía nos actos programados para celebrar o Día Internacional das Mulleres, neste 2014 baixo o lema «Pola Defensa dos Dereitos Sexuais, Reprodutivos e Aborto».

Este venres, 7 de marzo, terá lugar ás 10 horas o tradicional pleno específico do Consello municipal da Muller no salón plenario do Concello, aberto ao público ata completar aforo.

O sábado, 8 de marzo, será a xornada central coa celebración da ‘Festa pola Igualdade’ na Praza da Constitución, presentada e dinamizada por Ana Carreira. De 5 a 7 e media da tarde haberá un espazo lúdico de Igualdade con xogos para nenos e nenas, ás 9 da noite, a música tradicional do grupo Tanxedoras e ás 10 do manifesto do Consello Municipal da Muller, tras o cal se iniciará o concerto de blues e canción de autora a cargo de Sés.

O próximo venres, 14 de marzo, ás 10 da noite, será o turno da entrega do II Premio de Igualdade «Ernestina Otero», desta volta para a xinecóloga Isabel Blanco Domínguez. O nomeado galardón, que premia a traxectoria dunha muller ou colectivo en defensa da igualdade, entregarase no Hotel Coia.

Ademais, e coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Vigo Vello, desde o 28 de febreiro ata o 9 de marzo poderanse degustar nos establecementos do casco histórico as «tapas pola igualdade», a 2 €.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.