Vigo al minuto

20 colexios de Vigo e a súa área, afectados polos temporais

Segundo informa a Xunta, un total de 20 centros educativos de Vigo e a súa área resultaron afectados con diversos danos nas súas estruturas por mor dos últimos temporais que viviu Galicia nas últimas semanas.

A delegada do goberno galego na cidade visitou esta mañá o CEIP Josefa Alonso, un dos 5 centros educativos que se viu afectado con diversos danos e nos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria actuou de inmediato para arranxar as deficiencias detectadas. Así, neste colexio situado na parroquia de Matamá, levouse a cabo a colocación dos paneis do ascensor que, coma explicou a delegada, “saíron voando polo vento” sen ocasionar danos persoais. O ano pasado, o CEIP Josefa Alonso xa recibira unha inversión superior aos 38.000 € para a mellora das instalacións térmicas a e mellora dun muro de contención.

Nas últimas semanas, víronse afectados un total de 5 centros educativos da cidade de Vigo. Os IES de Coruxo e Teis e os CEIP Josefa Alonso, San Salvador de Teis e A Paz-Tintureira foron os que se viron máis afectados con danos nas cubertas, canalóns, persianas ou fiestras, entre outros. O custo estimado para facer fronte a estes arranxos chega case aos 185.000 €.

Ademais, na área territorial de Vigo, os danos foron máis virulentos nos concellos do Val Miñor, Moaña, Porriño, Redondela e Soutomaior. Concretamente, en Baiona, houbo que actuar nos CEIP Fontes Baíña, Sabarís e IES Primeiro de Marzo; en Gondomar, no CEIP Xosé Neira Vilas; en Nigrán, no CEE Panxón; en Moaña, nos CEIP Reibón e A Guía; no Porriño, no CPI Ribeira e no IES Pino Manso; en Redondela, nos IES de Chapela e Pedro Floriani e, en Soutomaior, na EEI Romariz. Os danos máis importantes foron desprendementos de chapas, pranchas e fachadas, roturas nos tellados, filtracións de augas, cubertas e diversos danos por entradas de auga, entre outros.

En total, para facer fronte aos danos ocasionados nos 20 centros educativos de Vigo e área, a Xunta estima un investimento superior aos 250.000 €.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.