Galicia

Concentracións nos concellos das cidades galegas para concienciar sobre a doación de médula ósea

Pontevedra, Ourense, Lugo, Santiago, A Coruña e Vigo sumaranse este sábado ao mediodía á iniciativa de concentracións populares para difundir información sobre a doazón de medula.

Este 8 de febreiro, Unidos pola Medula, unha asociación sen ánimo de lucro cuxo fin «é acabar coa grande desinformación que existe», segundo afirma, sobre a doazón de medula, organiza «unha grande quedada» en 47 cidades do Estado para difundir información sobre a doazón de medula, entre elas seis urbes galegas.

A xornada, que comezará ao mediodía fronte aos concellos de Pontevedra, Ourense, Lugo, Santiago, A Coruña e Vigo, centrarase en informar a todos os asistentes e medios de comunicación «sobre a importancia e o sinxelo que é doar medula», segundo indica a organización.

«O obxectivo desta campaña popular, que se realizará sen máis medios que persoas comprometidas con esta causa, é concienciar os cidadáns sobre a doazón de medula ósea, para o cal se repartirán folletos e se conversará coa xente», explica a asociación.

«Queremos chegar ao maior número de persoas para que esta mensaxe chegue moi lonxe», explica Unidos pola Medula. «Na nosa sociedade, aumentar o número de doadores de medula ósea é vital. Trescentas persoas ao ano que necesitan un transplante de medula en España para vivir nunca atoparán ese doador compatible».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.