Vigo al minuto

Membros da Comunidade de Montes de Cabral denuncian xudicialmente a Asamblea Xeral do 1 de decembro

Protestas nunha reunión da Asamblea da Comunidade de Montes de Cabral (arquivo)/Tresyuno Comunicación

Membros da Comunidade de Montes en man común de Cabral, que se oponen a Porto Cabral presentaron este xoves nos xulgados unha demanda na que denuncian irregularidades nas contas que foron á última Asamblea Xeral da Comunidade, o pasado mes de decembro.

Na súa opinión, houbo unha “falla de transparencia” na dirección á que acusan de facer “negocio inmobiliario” comprando terreos sen informar aos membros da Comunidades e “sen ter a aprobación da Xunta, tel e como indica a lei”.

Os denunciantes subliñan que para a compra dos terreos a directiva “empregou uns cartos que ian vir do desenrolo de Porto Cabral, pensando que cos ingresos os gastos quedarían camuflados”. O problema, indicaron, é que ao non haber Porto Cabral “xa non cadran as contas, como pódese ver no déficit de máis de dous millóns”, deixando o ‘saldo económico por baixo dos 3 millóns, o que “pon ao descuberto un desfase de 3.600.000 € dende 2011”.

Estos comuneros subliñan que ainda que as contas apróbanse por anos naturais, “para tapar as irregularidades a directiva presentou contas correspondentes a un período dun ano e 9 meses: todo 2012 e 9 meses de 2013”, por este motivo decidiron pedir que se anule a asamblea, “para que non poidan decir que as contas estaban aprobadas e que quede tapado todo esto”.

Ademáis delo, os denuniantes indicaron que dos 520 membros da Asamblea, “276 votaron en contra das contas, balance e a xestión dos anos 2012 e 2013″ na reunión celebrada o pasado 1 de decembro, a pesar do que o presidente «declarounas aprobadas, desprezando a vontade maioritaria». Engaden a esta circunstancia o feito de que “nin nos deixaron intervir no que se refire ás contas nen deron explicacións sobre a venda dos terreos e tampouco permitiron impugnar a xunta diante da directiva, para o cal tiñamos 15 días nos cales as oficinas da Comunidade de Montes estiveron pechadas”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.